¿Que é o Software Libre?

A definición de Software Libre

Mantemos esta definición de software libre para amosar ás claras como debe ser en realidade un programa concreto para ser considerado como software libre.

O “Software Libre” é unha cuestión de liberdade, non de prezo. Para entender este concepto, debes pensar en “libre” como “liberdade de expresión”, non como “cervexa gratis”. (Nota do traductor: O termo libre que vén do inglés, da palabra free que significa tanto libre como gratis, o que dou lugar a certa confusión)

“Software Libre” é unha cuestión da liberdade dos usuarios de executar, copiar, distribuir, estudar, trocar e mellorar o software. Máis precisamente, refírese a catro tipos de liberdade para os usuarios deste software:

Un programa é software libre se os usuarios teñen todas estas libertades. Polo tanto, debes ter a liberdade de redistribuir copias, sexa con ou sen modificacións, sexa de balde ou taxando unha cantidade pola distribución a calquera e a calquera lugar. Ser libre para facer isto significa (entre outras cousas) que non tes que pedir ou pagar permisos.

Podes empregar esta liberdade para facer modificacións e usalo en privado para realizar o teu traballo ou para xogar, sen tan sequera mencionar que o fixeches. Se publicas os cambios, non tes que notificarllo a ninguén en particular nin dun xeito especial.

A liberdade de usar un programa significa a liberdade, para calquera persoa ou organizacón, de usalo en calquera sistema operativo, para calquera tipo de traballo na súa totalidade, e sen que sexa necesario comunicarlle ao creador nin a ningunha outra entidade específica.

A liberdade de redistribuír copias debe incluir as formas binaria ou executable do programa, así coma o código fonte, tanto para as versións modificadas como para as que están sen modificar. Non pasa nada se non hai xeito de producir a forma binaria ou executable (porque moitas linguaxes non soportan esta característica), pero a xente debe ter a liberdade de redistribuir ambas formas e debería atopar a forma de producilas.

Para que a liberdade de facer trocos e a de publicar versións melloradas teña sentido, tes que ter acceso ao código fonte do programa. Polo tanto, a posibilidade de acceder ao código fonte é unha condición necesaria para o software libre.

Para facer reais estas liberdades, deben ser irrevocables mentras non fagas nada incorrecto; se o creador do software ten o poder de revocar a súa licenza, aínda que non lle deses ningunha razón para iso, o software non é libre.

De todos modos, acéptanse algunhas reglas sobre a forma de distribuír software libre sempre e cando non entren en conflito coas liberdades centrais. Por exemplo, o copyleft [“esquerdo de autor”] (expresado moi simplemente) é a regra que implica que cando se redistribúa o programa non se poderá engadir ningunha restrición para negar as liberdades centrais a outra xente. Esta regra non entra en conflito coas liberdades centrais, senón que as protexe.

No proxecto GNU usamos copyleft para protexer estas liberdades para todo o mundo no ámbito legal. Pero o software libre sen copyleft tamén existe. Cremos que hai poderosas razóns polas que é mellor usar copyleft, pero se os teus programas son libres sen copyleft, aínda os podemos empregar. Mira Categorías de Software Libre para obter unha descrición de como o “software libre”, “software con copyleft” e outras categorías de software se relacionan entre si.

“Software Libre” non significa “non comercial”. Un programa libre debe estar dispoñible para uso, desenrolo e distribución comercial. O desenvolvemento comercial de software libre xa non é inusual; este software libre comercial é moi importante. Pode que pagases pola obtención de copias de software GNU, ou quizais as obtiveches sen ningún cargo. Pero non importa como conseguiches as túas copias, sempre terás a liberdade de copiar e trocar o software, incluso vender copias.

As regras sobre a embalaxe dunha versión modificada son aceptables se non bloquean a túa liberdade de mellorar as versións modificadas. Regras como “se fas un programa disponible desta forma, tamén debes facer que sexa disponible desta outra” poden ser aceptables tamén, baixo a mesma condición. (Ten en conta que unha regra deste tipo aínda che deixa a liberdade de publicar o programa ou non). Tamén é aceptable que a licenza requira que se distribuiches unha versión modificada e o desenrolador anterior pide unha copia, debes mandarlla.

Ás veces, as regras de control de exportación do governo e as sancións do mercado poden reprimir a túa liberdade de distribuir copias de programas internacionalmente. Os creadores de software non teñen poder para eliminar ou sobrepasar estas restricións, pero o que poden facer é rexeitar impoñelas nas condicións de uso do programa. Deste xeito, as restricións non afectan a actividades e xente de fora das xurisdicións destes governos.

Cando se fala de software libre é mellor evitar termos como “regalo” ou “de balde”, porque estes termos implican que o importante é o prezo, e non a liberdade. Algúns termos como “piratería” implican opinións que esperamos que non apoies. En Palabras e Frases confusas a evitar tes un debate sobfre estes termos. Tamén temos unha lista de traducións de “software libre” a varios idiomas.

Para finalizar, ten en conta que os criterios que expoñemos nesta definición de software libre precisan dunha detida análise para a súa interpretación. Decidir se unha licenza de software está cualificada como licenza de software libre, xulgámolo baseándonos nestes criterios para determinar se coincide tanto no seu espírito como nas palabras exactas. Se unha licenza inclue restricións importantes rexeitámola, incluso se non tivésemos prevista a importancia destes criterios. ás veces unha petición de licenza plantexa tal importancia que a analizamos longamente antes de decidir se esta petición é aceptable, incluíndo debates con avogados. Cando chegamos a unha conclusión, ás veces actualizamos estes criterios para facer máis doado de entender por que certas licenzas se aproban e outras non.

Se che interesa saber se unha licenza está cualificada como unha licenza de software libre mira a nosa lista de licenzas. Se a licenza que buscas non está aí, podes preguntarnos por ela a traveso do correo-e <licensing@gnu.org>.

¿Código Aberto?

Outro grupo empezou a usar o termo “open source” [código fonte aberto] para referirse a algo cercano (aínda que non idéntico) ao software libre. Preferimos o termo “software libre” porque unha vez que oiches que se refire a liberdade máis que a prezo, recorda a liberdade.